publicidade hoxe

O tudense Raúl Mansinho proclámase Campión de España Infantil de Campo a Través

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+
Raúl Mansinho no podio

Raúl Mansinho no podio

O Concello de Tui desexa felicitar ao deportista tudense, Raúl Mansinho, polo título logrado de Campión de España de Campo a Través da FEDDI, (Federación Española de Deportes para persoas con Discapacidade). Este xove tudense acadou a primeira posición na categoría infantil na que foi a súa primeira participación nun campionato. O Concello de Tui fai extensiva a súa felicitación aos integrantes do Club San Xerome Emiliani, deportistas e adestradores, polos excelentes resultados acadados no campionato de España, celebrado o 30 de xaneiro no Campo do Palacio da Magdalena de Santander, e polo traballo que realizan no club ao longo de estes anos.

Raul Mansinho viaxou a Santander xunto aos seus compañeiros do Club San Xerome Emiliani, Borja Cadilla, Fabián González, Luís Antonio Sández, Óscar Moure e Maite Santos, que obtiveron un excelente resultado ao acadar a medalla de bronce na categoría absoluta masculina de equipos.

10 de febreiro de 2016 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.