publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O conselleiro de Política Social reúnese co alcalde de Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+
José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Mañón. Foto: A. Varela

José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Mañón. Foto: A. Varela

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro en San Caetano co alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez. Unha reunión que serviu para afianzar as liñas de colaboración entre as administracións autonómica e local e que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela.

No encontro, o titular de Política Social e o rexedor, repasaron os principais programas que a Xunta de Galicia está a desenvolver na localidade no eido social. Na área de Dependencia, cómpre destacar o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, ascendendo así o número total de horas a 892 das que se benefician 29 usuarios. Este incremento foi posible grazas á achega de máis de 77.000 euros da administración autonómica. Na área de infancia, a Consellería de Política Social fai unha importante inversión na residencia de menores María Inmaculada de iniciativa social, xa que subvenciona as 10 prazas concertadas do centro por un importe de máis de 194.000 euros. Ademais, a Xunta mantén unha axuda de preto de 5.000 euros co Punto de Atención á Infancia municipal, que conta con 20 prazas públicas. Cómpre destacar que a Consellería está a traballar na construción dun centro social en Mañón.

O conselleiro afirmou ao termo do encontro que a vía para garantir unhas verdadeiras políticas sociais é á da acción conxunta entre administracións para a optimización de recursos, de xeito que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas máis desfavorecidos. Deste xeito, conselleiro e rexedor tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste concello.

19 de febreiro de 2016 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.