publicidade hoxe

Medio Ambiente mellorará os accesos entre a Casa Consistorial e o centro de día de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Mos. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Mos. Foto: C. Paz

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle esta mañá á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello no acondicionamento do exterior do centro de día e na mellora do vial que da acceso dende a casa consistorial ao centro de día e ao cemiterio. Trátase dunha actuación que se incluirá no Plan hUrbe, co obxectivo de humanizar e poñer en valor os equipamentos dos concellos galegos.

A alcaldesa indicou que se trata dunha actuación moi demanda por parte dos veciños xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. A conselleira avanzoulle que é necesario contar cun proxecto no que se detallen as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello no que se detalle o alcance desta colaboración.

Outro dos puntos abordados na reunión foron as necesidades de saneamento neste concello. A conselleira indicoulle que a Xunta analizará a posibilidade de levar a cabo actuacións neste concello que á súa vez forma parte do Consorcio do Louro co que se están avaliando distintas actuacións para mellorar a calidade das súas augas.

8 de febreiro de 2016 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.