publicidade hoxe

Economía inviste 170.000 euros no obradoiro de emprego do Grove para mellorar a cualificación de 19 traballadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, clausurou hoxe no Grove o obradoiro de emprego ‘Monte das Flores VI’, unha iniciativa da Xunta na que se investiron preto de 170.000 euros para a mellora da cualificación de 19 veciños e veciñas.

Os alumnos e alumnas deste programa mixto de formación e emprego formáronse e traballaron nas especialidades de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil e na confección e publicación de páxinas web.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano 14 millóns de euros aos obradoiros de emprego para mellorar a cualificación das persoas sen emprego e crear emprego estable e de calidade, tal e como destacou Marnotes.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral indicou que unha das prioridades da Xunta é apostar pola formación de calidade e, neste senso, sinalou que os obradoiros de emprego están vinculados á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional. “Estes programas son un instrumento eficaz para a mellora da empregabilidade porque ofrece formación de calidade e acceso a un emprego”, subliñou.

Por último, Marnotes sinalou que outras das vantaxes dos obradoiros son a realización de obras e servizos para a comunidade e o fomento da colaboración institucional, xa que estes programas lévanse a cabo coa coordinación da Administración local.

4 de febreiro de 2016 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.