publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta estuda a posibilidade de que o CIM de Verín preste servizo a todos os concellos da mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo do ValCualedroLazaMonterreiOímbraOurenseVerínVilardevós
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza cos concellos que compoñen a Mancomunidade de Verín, co fin de que o Centro de Información á Muller de Verín preste servizo a todos os concellos que integran a Mancomunidade.

López Abella explicou que o CIM de Verín dará tamén servizo aos concellos de Vilardevós, Laza, Monterrei, Oímbra, Cualedro e Castrelo do Val, e manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que cada ano reciben unha parte importante da orde de axudas de Igualdade a entidades locais.

As axudas dos CIMs teñen por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

O centro conta cunha asesora xurídica, un asesora psicolóxico e a directora de Centro, e o pasado ano 2015 atenderon a 188 persoas e recibiron un total de 372 consultas. A Secretaria Xeral da Igualdade aportou dende o ano 2009, preto de 280.000 euros para o seu mantemento. Ademais, financiou tamén programas de coeducación, conciliación e promoción da igualdade, cun orzamento de máis de 22.700 euros, dentro da orde de entidades locais.

Ademais, o Concello de Verín está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

Dentro das actividades ofertadas, o CIM de Verín levou a cabo o curso de alfabetización dixital de mulleres “Rede Emprende en Igualdade” programado pola S.X da Igualdade e impartido polo CPEIG, no que se formaron 12 mulleres.

12 de febreiro de 2016 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.