publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Grove volve poñer en marcha a Liga de Fútbol Sala local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O novo pavillón deportivo permite facer realidade unha demanda histórica dos afeccionados ao fútbol sala do Grove. Deste xeito, ademais do deporte federado que os clubes e colectivos practican nas instalacións municipais este ano volve a recuperarse unha actividade de grande éxito no pasado. Trátase da Liga de Fútbol Sala do Concello, que chegara a ter ata dúas categorías debido ao grande éxito de participación.

A nova Liga comezará o 16 de febreiro, con encontros os martes e os mércores entre as 21.00 e as 24.00 horas. Para tentar revitalizar esta iniciativa neste primeiro ano será o propio Concello quen se faga cargo dos gastos iniciais (principalmente de arbitraxe). Trátase de que os veciños e veciñas do Grove poidan practicar deporte e contar cun espazo de encontro que leva tempo sendo demandando. Para que a Liga poida disputarse é preciso que participen un mínimo de 8 equipos que poderán inscribirse ata o 8 de febreiro na Concellería de Deportes.

25 de xaneiro de 2016 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.