publicidade hoxe

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar estuda co concello de Arbo o traslado dun centro sociocomunitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArbo
A-
A+

O director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, analizou esta mañá co alcalde de Arbo, Horacio Gil, o futuro traslado do PAI e do centro sociocomunitario do municipio a un novo emplazamento.

A reunión tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra en presenza do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís.

Durante o encontro, o alcalde de Arbo trasladou aos responsables autonómicos a intención do concello de adquirir un edificio con soto, planta baixa e primeiro andar, que queren destinar a centro sociocomunitario para as persoas maiores e Punto de Atención á Infancia (PAI).

Con este obxectivo, nestes intres, o municipio está a negociar a compra do inmoble coa entidade bancaria propietaria do mesmo. O alcalde trasladou o interese do concello de firmar un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de cara a poder sufragar o acondicionamento da infraestrutura co obxectivo de trasladar, en primeiro lugar, o PAI e posteriormente destinar o resto do inmoble a centro sociocomunitario para os maiores de Arbo.

Deste xeito, na reunión acordouse que o rexedor dea traslado á Consellería de Política Social dunha memoria valorada na que se aporte o custo deste acondicionamento de cara a estudar as posibles vías de financiamento do mesmo.

Na actualidade, na provincia de Pontevedra existen 44 escolas infantís Galiñas Azuis dependentes do Consorcio Galego de Servizos, o que supón unha oferta de 2.480 prazas. Ademais, tamén hai 13 centros de día e fogares residenciais, con un total de 508 prazas para usuarios e dependentes.

Por outra banda, a provincia conta tamén con cinco oficinas de inclusión social, o que permite dar cobertura as diferentes comarcas, situándose así en Marín, Lalín, Porriño, Vilagarcía e Baiona.

Finalmente, o Consorcio tamén conta co programa Xantar na Casa no que se atopan adheridos 27 concellos e un total de 273 usuarios.

29 de xaneiro de 2016 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.