publicidade hoxe

A Xunta destaca a aposta Gráficas Lasa pola renovación tecnolóxica para gañar competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe en Padrón a firme aposta da compañía Gráficas Lasa pola renovación do seu equipamento tecnolóxico para gañar competitividade incrementando tanto a súa calidade como a capacidade de produción.

Gráficas Lasa contou co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a concesión dun préstamo ao abeiro da liña Igape-Jeremie para apoiar o financiamento duns investimentos que superaron os 700.000 euros e que lle permitirán á empresa mellorar o servizo aos seus clientes, gañando tanto axilidade como calidade, para ampliar así a produción e acceder tanto a mercados nacionais como internacionais. Gráficas Lasa prevé, deste xeito, incrementar a súa facturación actual, de 1,8 millóns de euros, en arredor dun 40%, e o seu cadro de persoal, nun 30%.

Aproveitando a súa visita ás instalacións da empresa en Padrón, Aguilera salientou que, ademais de manter operativas as liñas de préstamos directos con fondos Bei e Jeremie, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar a través do Igape convocatorias de axudas dotadas con máis de 30 millóns de euros para apoiar os novos investimentos, a mellora da competitividade, a internacionalización ou o financiamento de circulante para as pemes galegas.

Así, ven de poñerse en marcha o programa Galicia Inviste para impulsar novos investimentos, dotado con 12 millóns de euros, e o programa Galicia Emprende, para apoiar proxectos impulsados por novos emprendedores, dotado con case 4 millóns de euros. Por outra banda, convocouse unha nova liña baseada na cooperación para impulsar accións no ámbito da fábrica 4.0. en grupos de empresas.

Por outro lado, o director do Igape salientou que, para seguir acelerando a internacionalización do tecido empresarial galego, o Igape vén de activar para 2016 axudas que roldan os 10 millóns de euros para Pemes galegas que buscan incrementar as súas exportacións acudindo a feiras ou eventos expositivos en mercados exteriores, ou a través da incorporación de especialistas en comercio exterior. Ao mesmo tempo, o Igape publicou programas como o Resolve, para facilitar o financiamento operativo das Pemes galegas.

29 de xaneiro de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.