publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Touro pon en marcha o Nadal Lúdico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Touro, como cada mes de decembro, pon en marcha o Nadal Lúdico. Durante este mes o Concello de Touro organiza esta actividade para dar aos rapaces e rapazas de tres a doce anos unha alternativa de ocio e de ocupación do tempo de lecer dun xeito máis educativo e lúdico. O Nadal Lúdico terá lugar durante los días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 10.00 horas á 13.30 horas na Biblioteca Pública, ubicada nos baixos da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Quen queira apuntarse pode facelo dirixíndose aos Servizos Sociais de Touro. Esta actividade, que tamén permite conciliar a vida laboral e familiar dos pais de nais de Touro, está financiada pola Deputación da Coruña.

16 de decembro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.