publicidade hoxe

O Grove publica as bases do desfile de carrozas para a Cabalgata de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Como ven sendo habitual, o Concello do Grove convoca aos colectivos e asociacións culturais a que colaboren na Cabalgata de Reis. Para este fin veñen de aprobarse unhas bases que regulan a participación e recollen a aportación económica prevista para que estes colectivos poidan elaborar as carrozas.

No desfile poderán participar todas aquelas asociacións, entidades sen ánimo de lucro e colectivos do municipio que o desexen previa inscrición segundo establecido nas bases. As solicitudes deberán presentarse no rexistro do Edificio Administrativo municipal, na rúa Cándido Acuña, antes do 30 de decembro. Cada carroza inscrita recibirá un premio pola participación de 300 euros, o que supón un incremento de 100 sobre o anterior. 

Dende o Concello do Grove anímase á participación das asociacións e entidades locais para poder acompañar Ás súas maxestades de Oriente na súa visita ao Grove o vindeiro 5 de xaneiro, contribuíndo a maxia e ilusión que estas datas supoñen para os máis cativos. 

1 de decembro de 2015 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.