publicidade hoxe

Cangas acollerá o XX Campionato Galego de Pombas de Raza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá tivo lugar na Fundación Cangas Deporte a presentación do XX Campionato Galego de Pombas de Raza. A competición está organizada pola Sociedade Colombicultora Rías Bajas, supervisada pola Federación Galega de Colombicultura e conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas. A competición terá lugar os días 6,7 e 8 de decembro no Edificio da Cámara Agraria de Cangas, xunto ao Concello. O campionato terá lugar entre as 10:00 e 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas os días 6 e 7 e en horario de 10:00 a 14:00 horas o día 8, finalizando coa entrega de trofeos.

Este campionato ven organizándose en Cangas cada dous anos, coincidindo nos impares, dende hai aproximadamente unha década. Participan preto de 30 expositores, en representación de 180 pombas, en categoría de pichóns e adultos, machos e femias, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega. Os aspectos que se puntúan son as características físicas e morfolóxicas das pombas, así como o comportamento e traballo das mesmas. A entrada é de balde e dende a organización convidan a toda a veciñanza e rapaces dos colexios que desexen asistir. O Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón, felicitou e agradeceu a labor da organización do evento. Ademais, convidou aos veciños e veciñas a acudir ao campionato, aproveitando os días festivos

1 de decembro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.