publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salceda de Caselas homenaxea ao Doutor Zunzunegui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

A Casa da Cultura Castelao acolleu a presentación do libro “O Doutor Zunzunegui” que, da man de Xose Ramón Paz Antón, fai un percorrido pola vida de JacintoZunzunegui Romo, que exerceu a medicina en Salceda entre o 1.901 e o 1.932. A consideración como o “médico dos pobres” foirecoñecido polo pobo de Salceda conomedunha rúa, a Avenida do Dr.Zunzunegui (onde está a que foi a súavivenda, hoxepropiedade da familia do Sr. Ernesto Rodríguez…), e conome do Centro Rural de Higiene (actual Casa da Música…).

No acto estiveron presentes diversos descendentes do doutor, así como o autor do libro e diversos membros do equipo de goberno do Concello de Salceda.

A presentación do libro serve como punto de partida a unha semana adicada ao Dr. Zunzunegui. Así, o vindeiro sábado 21 de novembro, Salceda de Caselas acollerá un acto de homenaxe ao mesmo, que se iniciará ás 11:30 no Cemiterio de Santa María, onde está soterrado, e no que se levará a cabo unha ofrenda floral. A continuación, xa a partir das 12:30, levarase a cabo o acto de homenaxe diante da vivenda que construíu no Concello, na Avenida que hoxe leva o seu nome.

En data tan sinalada, coincidindoco 83 aniversario do seupasamento, lembraremos que Jacinto Zunzunegui Romo unha vez titulado como médico polas universidades de Salamanca e Madrid, trasladouse a Compostela (ondexa estaba parte da súa familia) co fin de rematar a especialidade de Cirurxía, establecendounha fonda amizade con Baltar Cortés entre outros famosos galenos. Neste período, coñece e se namora da compostelá Consuelo Freire de Andrade Pérez, mestra, coa carreira de piano finalizada logo de iniciala na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, e nos centros asociados ao Conservatorio de Música de Madrid. Para non demorar o matrimonio, Jacinto solicita praza de médico titular en Salceda de Caselas, onde fundarían co paso do tempo unha familia numerosísima que se iniciaba en 1903 traendoao mundo a primeira dos catorce fillos e fillas, Antonia, que foron extraordinariamente educados e traballadores e dos que permanece viva Alicia, con 94 anos, entre unha inmensa familia.

Pasaron os anos. Unha fría noite de novembro de 1932 avisárono para atender a un enfermo pobre. Mandouenselar o cabalo e entrou na xélidaescuridade pese aosconsellos da súa dona. O Dr. Jacinto morreuaospoucos días dunha neumonía con 57 anos.

 “Foiunhaperdairreparábel e as circunstancias nas que se produciuaumentou a lenda, totalmente real, do seu compromiso ético e profesional no exercicio da medicina e, principalmente, na protección da veciñanza que tanto o estimaba”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Apostamos pola Salceda como espazo universal, pola Salceda Nai que acubilla a todos os/as salcedenses de corazón espallados polo mundo e que reivindican sempre que poden a súaorixe: os Zunzunegui son un bóexemplo…”

17 de novembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.