publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Darío Otero Pampín e Alba Baamonde Otero gañan o I Duatlón Cross de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLousame
A-
A+
Podio cos gañadores

Podio cos gañadores

O corredor compostelán Darío Otero Pampín (Team Corbelo) e a atleta noiesa Alba Baamonde Otero (Coffee Times Noiés) foron os gañadores do I Duatlón Cross de Lousame, celebrado este domingo e organizado polo Club BTT O Treito. Unha proba na que participaron un total de 150 atletas, que afrontaron 9 quilómetros de carreira a pe e outros 18 en bicicleta con saída e chegada en Aldeagrande (Lousame).

A proba foi dominada de principio a fin por Darío Otero, que se impuxo nos tres tramos (carreira, bicicleta e carreira), marcando un tempo final de 1 hora, 43 minutos e 30 segundos. A un minuto exacto entrou o segundo clasificado, David Calzas Insua (independente) e a 2 minutos e 31 segundos completou o podio Bruno Pérez Fernández, tamén do Team Corbelo.

A gañadora da proba absoluta feminina foi Alba Baamonde Otero, do Coffee Times Noiés, que entrou no posto 89 da xeral, cun tempo de 2 horas, 38 minutos e 57 segundos. O segundo posto foi para Noelia Martínez Márquez (Bike ou non vai), que entrou a algo máis de seis minutos da gañadora, e no terceiro lugar chegou Estíbaliz García Gómez (Nosportlimt), a quince minutos da campioa. 

Os premios foron entregados pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen estivo acompañada pola concelleira de Deportes, María Regenjo. Completaron os podios de gañadores Yeray Lorenzo García (primeiro clasificado Júnior Masculino), Bea Romero Roel (primeira clasificada veterana feminina) e Eladio Rodríguez Ramos (primeiro clasificado veterano masculino). 

O I Duatlón Cross de Lousame foi organizado polo Club BTT O Treito, que contou coa colaboración do Concello de Lousame, Deputación da Coruña, Protección Civil, a Comunidade de montes Pedrouzos Lousame e a Comunidade de montes Pedrouzos Aldeagrande. Tamén se contou coa colaboración das empresas: Parrillada Lousame, Plus Ultra, Automóviles Patiño, Orixinal, ADNbikes, Construcciones Goymar, Revolutrion, Tabytec Gallega de Tabiques y Techos, Canalóns Alusa, Saneamentos Currucho e MCBikes.

9 de novembro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.