publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís trasládalle ao alcalde de Dozón a vontade de transferir ao Concello parte da antiga C-533

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozón
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Dozón

Cores Tourís na reunión co alcalde de Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo unha reunión esta mañá co alcalde de Dozón, Adolfo Campos, para trasladarlle a vontade da Xunta de transferir ao municipio parte da antiga C-533 no alto da Rocha.

Segundo apuntou Cores Tourís, o informe emitido pola Xefatura Territorial de Infraestruturas e Vivenda é positivo e xa foi trasladado á Consellería para o seu debate e aprobación definitiva no Consello da Xunta e posterior publicación do Diario Oficial de Galicia.

Trátase dun tramo de 200 metros na antiga C-533 que discorre polo alto da Rocha e que, na actualidade, quedou en desuso trala execución da PO-533 con maior capacidade.

Sen embargo, como explica o rexedor de Dozón, “segue a ser un tramo moi utilizado polos veciños da zona e, en especial, como vía de servizo para as numerosas explotacións gandeiras, tanto de porcino como avícolas, que se atopan ubicadas en este área”, de aí que o concello teña interese de quedarse coa súa titularidade para garantir o seu mantemento.

“Coa transferencia ao concello da travesía, nós poderemos manter esta estrada e os diversos servizos sen ter que estar constantemente solicitándoo a outra administración, o que facilitará a solución dos posibles contratempos aos habitantes do lugar”, rematou Campos.

12 de novembro de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.