publicidade hoxe

Ciudad Ciencia regresa a Cangas cunha conferencia sobre a compostaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Continuando coas actividades que o Concello de Cangas ven desenvolvendo no marco da iniciativa de divulgación científica Ciudad Ciencia, este próximo venres, ás 20:00 horas, o Salón de Plenos do Concello acollerá unha conferencia a cargo dos científicos do Instituto de Ciencias Agrarias (CSIC) Juan Carlos García Gil e Alfredo Polo, co título “A compostaxe para reciclar e transformar o lixo en abono orgánico”. A conferencia esta aberta a todo o público en xeral que estea interesado no ámbito da agricultura sostible, sendo a entrada libre e de balde.

Pola mañá, estes dous poñentes impartirán outra charla sobre esta temática,  dirixida neste caso ao alumnado e profesores dos centros escolares de Cangas que se inscribiron no Taller de agricultura sostible que organiza Ciudad Ciencia

Ciudad Ciencia é un proxecto de divulgación científica promovido polo Consejo Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC) e a Fundación “La Caixa” , que pretende achegar os avances científicos e tecnolóxicos á cidadanía e no que o Concello de Cangas ven colaborando desde hai 3 anos, sendo o único concello de Galicia que foi seleccionado para participar nesta iniciativa.

Nesta liña de traballo, desde o Concello de Cangas se esta a potenciar ao máximo o coñecemento e o emprego da Agricultura ecolóxica e o aproveitamento dos recursos locais do municipio, tendo previsto organizar en breve varias actividades neste ámbito, nas que están a traballar a Concellaría de Emprego, a Concellaría de Servizos Sociais, a Concellaría de Medio Ambiente e Turismo, a Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Ensino.

18 de novembro de 2015 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.