publicidade hoxe

Teatro científico para os máis cativos en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

“¡Hola! Chámome Luisa e estou aquí para falarvos do meu traballo… E ¡claro! ¿Vos estaredes preguntando en qué traballo, verdade?”. Así comeza a obra de teatro ‘¡Qué traballo tan curioso!’, unha creación da Unidade de Cultura Científica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia para público infantil que chega a Cangas da man de proxecto de divulgación científica Ciudad Ciencia. ‘¡Qué traballo tan curioso!’ representarase hoxe, 14 de outubro, mércores, no Auditorio Municipal de Cangas (Avda. de Lugo nº 27) para preto de 900 nenos e nenas de Educación Primaria da localidade. A función terá dobre sesión: ás 10:00 h para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria e as 11:30 h. para o alumnado de 4º, 5º e 6º.

A protagonista desta obra, investigadora no escenario e divulgadora na vida real, invita ao público a que adiviñen cal é a súa profesión. Unha vez resolto o enigma, Luisa falará co público sobre investigadores que son coma ela, e que traballan para entender o mundo no que vivimos e mellorar a vida das persoas. A continuación, a nosa intrépida científica descubrirá, coa axuda da ciencia e de dous personaxes moi especiais, qué hai nas mans e na boca dos/as asistentes, aínda que eles/as pensen que están completamente limpas. “A nosa intención é que os nenos e nenas da localidade pasen un intre divertido á vez que aprenden hábitos de hixiene saudables e valores sobre a igualdade de xénero, xa que é importante que teñan claro que no ámbito científico hai mulleres e homes que fan un gran traballo como investigadores e investigadoras”, explica Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Esta actividade incorpórase á programación de Ciudad Ciencia, un proxecto de divulgación científica que o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa”  puxeron en marcha xunto con municipios como Cangas,co fin de que os habitantes de localidades afastadas dos grandes núcleos urbanos coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica.

A web www.ciudadciencia.es ofrece talleres e contidos “en liña”, así como información detallada sobre as actividades programadas nesta localidade.  Ciudad Ciencia lanzouse en marzo de 2012 e actualmente conta con máis de trinta localidades participantes situadas en toda España.

13 de outubro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.