publicidade hoxe

Povisa inaugurará un novo servizo de pediatría a finais de ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Povisa iniciou as obras para o traslado do seu servizo de Pediatría desde a 5ª planta, onde se atopa na actualidade, a pé de rúa, cunha entrada independente pola rúa Barcelona.  O obxectivo primordial deste traslado é facilitar os desprazamentos dos pais e os nenos e eliminar as barreiras  arquitectónicas. O novo servizo de Pediatría, duns 250 m2, entrará en funcionamento a finais de ano, e disporá de 6 novos locais de consultas, unha sala de xogos para nenos e unha sala de espera. Estará equipado ademais con iluminación LED responsable co medioambiente, que achega unha iluminación moi similar á natural.

O espazo na 5ª planta que até agora ocupaba Pediatría dedicarase a hospitalización, cunha zona totalmente renovada que estará operativa a principios do próximo mes de novembro. Nese mesmo mes comezarán tamén, na planta baixa, as obras do novo hospital de día, que se prolongarán durante tres meses. O hospital de día estará dedicado aos tratamentos oncolóxicos.

Novo grupo de emerxencias

Os traballos de reforma arquitectónica de Povisa e modernización das súas instalacións coincide estes días coa instalación dun novo grupo electróxeno de emerxencias, de última xeración, equipado para fornecer enerxía a todo o hospital por tempo ilimitado. Até agora, os equipos existentes daban subministración ás áreas e equipos craves –como os quirófanos-, pero co novo equipo garántese a estabilidade enerxética integral do hospital en caso de fallo ou caída na rede, o que resulta esencial non só para a seguridade e confort dos pacientes, senón tamén para o normal funcionamento de todos os procesos, altamente informatizados.

15 de outubro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.