publicidade hoxe

Jorge Cubela reuniuse coa Directiva da ANPA de Carballedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
O alcalde de Cotobade na reunión coa Anpa

O alcalde de Cotobade na reunión coa Anpa

O Alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, reuniuse esta mañá cos membros da Directiva da ANPA do Colexio de Carballedo. Como cada exercicio, o Alcalde volve facer a ronda de contactos cos membros da comunidade escolar de Cotobade para valorar as colaboracións feitas ata o momento e tratar o inicio do curso.

Co cambio de directiva na ANA, o Alcalde mostrou o seu interese en seguir colaborando e facendo de intermediario coa Xunta para seguir transmitindo todas as demandas do centro e dos alumnos.

O Alcalde quixo valorar positivamente que este ano as subvencións municipais para as ANPAS redobrasen a súa aportación, así que esta ANPA recibiu este ano 1.607 euros (600 máis que o ano pasado, que xa se incrementara en 400 euros con respecto ao ano 2013).

Así, é a dinámica con todas as ANPAS. O Goberno Local quixo salientar que reduciron as aportacións aos colexios para poder incrementarllas ás ANPAS.

Valoráronse as últimas obras feitas e as necesidades de arranxos que quedan pendentes, así como tamén a necesidade de mellorar a cuberta do patio.

A ANPA mostrou a súa satisfacción polo desarrollo das Escolas Deportivas de Natación e Taekwondo que foron iniciativas do anterior Goberno da Deputación e que o actual decidiu manter, o cal é de agradecer segundo o Alcalde 

Valorouse tamén moi positivamente as actividades extraescolares de Inglés.

16 de outubro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.