publicidade hoxe

Fecimo continúa a traballar na posta en valor da Comarca do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – acaba de lanzar a súa APP “Vive O Morrazo” adaptada ao sistema IOS que utilizan os dispositivos da marca Apple, para que os contidos cheguen tamén aos usuarios desta tecnoloxía, co que completa as ferramentas para poder chegar ao coñecemento do Morrazo.

Esta APP é unha guía de referencia dos recursos da comarca como o patrimonio e a natureza, pero dándolle tamén un lugar destacado á axenda de ocio e ás opcións de aloxamento e gastronomía das vilas de Bueu, Cangas e Moaña.

A federación agarda un aumento do número de visitas tanto á web www.viveomorrazo.com como ás súas aplicacións móbiles de cara aos novos festivos e pontes que se aveciñan. Cada semana, a web renova a súa oferta de eventos para locais e visitantes, contando co apoio dos departamentos de cultura e turismo dos concellos e tamén das asociacións locais que comparten as súas actividades.

A descarga desta APP é totalmente gratuita, ao igual que a súa versión para Android. Isto supón un paso máis por parte de FECIMO na súa aposta polas novas tecnoloxías e por poñer en valor a comarca no seu conxunto, e acercala á poboación dun xeito sinxelo.

O mapa interactivo, as indicacións GPS, o directorio de teléfonos de interese, as rutas de sendeirismo, etc. poden visualizarse agora dende calquer móvil ou tableta.

FECIMO anima a descargar esta aplicación para poder disfrutar de inmediato de todo o que nos ofrece a contorna. A páxina Vive O Morrazo continuará sendo colaborativa e estando en constante mellora así como as APPs.

23 de outubro de 2015 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.