publicidade hoxe

Cabanas pon en marcha “Mencer na Escola”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Un curso máis, o Concello de Cabanas e a súa Concellería de Benestar pon en marcha o programa “Mencer na Escola”, unha medida municipal de conciliación que forma parte do “II Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo social Europeo a través do seu “Programa de Fomento da Conciliación”. Trátase esta dunha actividade dirixida ao alumnado do CEIP Eladia Mariño, e no que se pretende facilitar a corresponsabilidade e a conciliación da vida laboral e familiar, do que se están beneficiando 21 familias.

Mediante esta actividade, dende o Concello de Cabanas quérese favorecer o desenvolvemento integral das persoas destinatarias. Desta forma faise posible un espazo de actividades de corte socioeducativo e lúdico en horario extraescolar e de mañá (previo á entrada ó centro escolar) todos os días lectivos do curso, con horario de 7:30 a 9:30, e que terán lugar no propio centro educativo.

Nas sesións que comporán este servizo terán lugar actividades que ofrezan ós nenos e nenas alternativas de ocio e modelos de educación corresponsable, sempre dende unha perspectiva lúdico-didáctica e motivadora para todos e todas elas. Entre estas actividades atópanse: Expresión plástica, Xogos cooperativos, Xogos de mesa, Fomento da lectura, Educación en valores e outras actividades socioeducativas. 

29 de outubro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.