publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A web do Concello do Grove xa conta cunha sección de transparencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Segundo o compromiso adquirido cos veciños e veciñas do Grove, o Grupo de Goberno pon en marcha medidas que contribúan a transparencia da xestión municipal e a comunicación clara cos veciños e veciñas. Nesa liña dende o día 9 de outubro tense habilitado unha sección específica na páxina web do Concello do Grove denominada “Transparencia da actividade municipal” na que se poderá contar con toda a documentación e informes que sexan precisos para que o exercicio da función pública poida ser coñecido polos cidadáns do Grove.

Como primeira documentación, tense posto a disposición do público o informe presentado ós grupos da oposición no relativo á selección dos voluntarios da Festa do Marisco ademais do borrador de resultados de venda do evento. Debemos lembrar que a documentación xeral dos plenos xa está dispoñible na web polo que este apartado permitirá aportar información complementaria á información que, por obrigación, xa estaba neste espazo. 

21 de outubro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.