publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Curtis denuncia a desfeita de 34 plantas ornamentais en Teixeiro durante as festas da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisSucesos
A-
A+

O Concello de Curtis presentou unha denuncia ante a Garda Civil polas desfeitas realizadas nun total de 34 plantas ornamentais propiedade do concello na contorna do Centro Etnográfico do Río Mandeo.

O acto vandálico ocorreu entre os días 8 e 9 deste mes, coincidindo coas festas patronais da localidade de Teixeiro. Segundo a denuncia presentada, unha persoa ou varias romperon e arrincaron a plantación decorativa no acceso que comunica cale Doutor Martínez Pardo co Centro Etnográfico.

O Concello valorou os danos nas plantas e os traballos de reposición das mesmas en 3.400 euros.

16 de setembro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.