publicidade hoxe

O Concello de Boiro volve a estar presente no Salón Grand Pavois de la Rochelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Boiro, Juan José Dieste anunciou esta mañán no salón Grand Pavois de La Rochelle (Francia) que o porto deportivo de Cabo de Cruz acaba de adherirse á rede portuaria francesa de xestión náutica denominada Navily por medio da cual os barcos de recreo poderan beneficiarse da información facilitada por esta aplicación para navegantes.

En palabras de Dieste “esta aplicación internacional facilitará a interacción e intercambio de información entre os usuarios dos portos e o de Cabo de Cruz”, ademais sinalou que  “este porto deportivo é o primerio de Galicia en adherise á rede Navily  e o segundo do Estado, tendo un mercado potencial, somente en Francia, de mais de 10.000 usuarios”

O concello de Boiro, co seu alcalde á cabeza, participa por terceira vez neste salón internacional de importantes características polos productos que se ofrecen e pola calidade dos mesmos. Unha gran exposición de barcos a flote é a máis destacada das actividades do salón.

Neste senso o alcalde de Boiro tamén fixo unha exposición e oferta do concello de Boiro do que manifestou “é un dos que máis ten avanzado na recuperación do turismo, o entorno e as paisaxes naturais desta zona” afirmando ademáis que “o porto deportivo de Cabo de Cruz é un dos máis modernos, sostible e seguro pola calidade das suas instalacións”.

O alcalde de Boiro tamén realizou xestións para coñecer as vantaxes de incorporarse á rede de Passeport Escales que ofrece a posibilidade de contactar con 96 portos e uns 20.000 usuarios de Francia, Inglaterra, e España, entre outros.

Como é sabido Portos de Galicia, asiste estes dias ao Salón internacional do Grand Pavois da cidade francesa de La Rochelle que ten lugar estes dias e ata o dia 21. Asisten xunto con Boiro outras instalacións e clubs náuticos de Galicia. Preténdese que se produzan contactos comerciais con outras entidades náuticas europeas.

18 de setembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.