publicidade hoxe

Gondomar presenta o XV Torneo Aberto Internacional de Tenis de Mesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Presentación do torneo

Presentación do torneo

Hoxe tivo lugar a presentación do XV Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar de tenis de mesa. O torneo celebrarase este fin de semana (19 e 20 de septembro) no pavillón de deportes de Gondomar e aproximadamente participarán uns 200 deportistas.

Organizado pola A.D. Vincios e patrocinado polo concello de Gondomar, o torneo contará coa participación de diferentes categorías comprendidas dende benxamines ata veteranos que participarán o sábado.

O domingo será a quenda da categoría absoluta na que os mellores deportistas da comunidade e outros vindos de clubes de Portugal mediranse no torneo. Cabe destacar que entre os equipos da comunidade galega atópanse deportistas estranxeiros de alto nivel neste deporte.

O domingo tamén haberá un apartado para que afeccionados ao tenis de mesa poidan participar nunha competición creada especificamente para eles.

Presentación Escolas Deportivas de Gondomar 

Por outra banda, tamén se presentaron as escolas deportivas do concello de Gondomar para o curso 2015/16. A concelleira de Deportes Nuria Lameiro, o alcalde de Gondomar Francisco Ferreira e o resposable de deportes Xosé Antón Fernández compareceron para informar das actividades que se ofertarán para este curso.

16 de setembro de 2015 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.