publicidade hoxe

Festas na honra a San Ciprián en Bribes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A parroquia de Bribes, en Cambre, celebra esta fin de semana as Festas na honra a San Ciprián. Os actos darán comezo o venres 11 de setembro cunha gran churrascada a partir das 20.00 h. á que seguirá unha gran verbena acompañada das orquestras Bomba e Fania Blanco Show.

O sábado 12 contarase con alborada por toda a parroquia. Misa solemne ás 13.15 h. na honra a San Antonio seguida de sesión vermouth a cargo da orquestra Trole, que será tamén a encargada da gran verbena da noite.

O domingo 13 a misa solemne volverá a ser ás 13.15 h. na honra ao Santísimo e a sesión vermouth correrá a cargo do Dúo Calu. O mércores 16 haberá misa solemne ás 20.00 h. na honra a San Ciprián ao que continuará o baile con Carlos Manteiga.

11 de setembro de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.