publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curtis modificará o IBI para facilitar a aplicación das bonificacións e apoiar ás explotacións gandeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Goberno local de Curtis levará ao próximo Pleno da Corporación unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI para facilitar a aplicación das bonificacións ás explotacións gandeiras e agrarias do municipio. Ademais, proporá aplicar as bonificacións no Imposto de Bens Inmobles ás familias numerosas.

O Concello aprobou o ano pasado a bonificación máxima do IBI, do 95%, aos inmobles destinados a actividades agrarias, gandeiras ou forestais co fin de beneficiar ao máximo ao sector primario do termo municipal. Con todo, a rebaixa é de difícil aplicación no caso daquelas explotacións que contan, ademais, con outro tipo de construcións como vivendas, ás que lle corresponde outro tipo impositivo. Para evitar desigualdades, o Goberno local proporá modificar a ordenanza e aplicar unha bonificación do 50% do IBI para as explotacións gandeiras e agrarias que desenvolven tamén outros usos, e do 95% se se dedican unicamente ao sector primario.

O equipo de Goberno tamén levará a Pleno unha bonificación do 90% do IBI para as familias numerosas aplicable aos inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual. 

19 de setembro de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.