publicidade hoxe

Carral acollerá o funeral pola sétima vítima do rally

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Europa Press

O municipio coruñés de Carral acollerá este martes o funeral da sétima vítima do Rally da Coruña, Uxía Maroño, unha nena de 10 anos que faleceu na noite do domingo na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. A menor recibirá sepultura no panteón familiar. Antes, na igrexa parroquial de San Esteban de Paleo terá lugar o funeral, despois de que familiares, amigos e achegados velen o seu corpo no tanatorio de Tabeaio, de onde está prevista a súa saída ao redor das 19,00 horas.

Esta nena é a cuarta vítima que residía no municipio de Carral, onde este luns foron enterrados outro home de 35 anos e unha nai e a súa filla, de 37 e 14 anos. En Cambre, tivo lugar o enterro dunha parella -a muller estaba embarazada de nove meses- e dunha moza de 20 anos.

Centenares de persoas despediron aos falecidos no Rally da Coruña este sábado, ao paso da proba polo termo municipal de Carral, despois de que o vehículo se saise da vía. No Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), seguen ingresadas catro persoas, unha delas un menor, no Hospital Materno Infantil.

8 de setembro de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.