publicidade hoxe

Baiona móvese a favor da fibrose quística en conmemoración do Día Mundial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

O 8 de setembro conmemórase o Día Mundial da Fibrose Quística, entidade que entrou a formar parte de COGAMI en 2015, unha enfermidade crónica e hereditaria, dexenerativa que afecta principalmente aos pulmóns e ao sistema dixestivo.

En Galicia, a Asociación Galega de Fibrose Quística quere visibilizar esta doenza realizando diferentes actos no concello de Baiona durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro.

Para o sábado, no parque La Palma, ten organizado as seguintes actuacións:

17:00 a 18:00 Maxia solidaria

19:30 a 20:30 Clases de Zumba

20:30 a 20:45 Sorteo de agasallos 

Durante o domingo, 6 de setembro, na praza do Concello haberá:

17:00 a 18:30 Actividades infantís

19:00 a 21:00 concerto benéfico de Manu Escudero pola Fibrose Quística.

21:00 a 21:15 Sorteo de agasallos.

4 de setembro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.