publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As XXIX Xornadas Penitenciarias Lucenses debaten a reforma do código penal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Lara Méndez nas xornadas xurídicas

Lara Méndez nas xornadas xurídicas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Paula Alvarellos, presentaron este luns no Salón de Plenos as XXIX Xornadas Penitenciarias Lucenses, que se celebrarán o luns e martes, 28 e 29 de setembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. O Concello colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 5.000 euros. Ao acto tamén asistiu a Vicepresidenta Segunda da Deputación, María Teijeiro.

No acto, a rexedora destacou o “gran interese que espertan estas xornadas, que teñen como finalidade debatir e sacar conclusións no ámbito do poder xudicial”, ao tempo que agradeceu o esforzo da Asociación Concepción Arenal “por organizar unhas conferencias que sempre xiran en torno á loita pola igualdade de oportunidades e dereitos”.

Pola súa banda, Alvarellos agradeceu a colaboración institucional para poder levar a cabo un ano máis estas xornadas que reúnen en Lugo a prestixiosos especialistas. 

As XXIX Xornadas Penitenciarias arrancarán o luns, 28 de setembro ás 19:00 horas. Logo da tradicional entrega das medallas Concepción Arenal terá lugar a conferencia A reforma do réxime de penas e a súa aplicación, a cargo de José Luis Manzanares Samaniego, exmaxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo, exvicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, exmaxistrado do Tribunal Constitucional e Conselleiro Permanente do Estado. O martes 29, será a quenda da maxistrada do Xulgado de Instrución Nº1 de Lugo, Pilar de Lara, quen centrará a súa conferencia na desaparición das faltas e nos novos delitos leves. A Alcaldesa, Lara Méndez, será a encargada de clausurar estas xornadas. 

21 de setembro de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.