publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para as escolas deportivas de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Desde o luns 7 até o luns 21 de setembro están abertas as inscricións para as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior. Dentro da primeira semana xa foron máis de 200 participantes (tanto en categorías infantil e adultos) que realizaron a súa inscrición dentro das distintas modalidades deportivas.

Para adultos ofértanse prazas en pádel e tenis, Actividade Física, Zumba, Kangoo Power e natación preventiva que inclúe o transporte en autobús.

Para os máis novos ofértanse os seguintes cursos:

– Iniciación ao deporte

– Tenis e pádel infantil

– Baile moderno e de salón

– Multideporte

– Ximnasia rítmica e ximnasia acrobática

– Patinaxe

– Natación infantil (inclúe  transporte en autobús)

O inicio das actividades está previsto para o luns 5 de outubro data en que se iniciará tamén a liga local de futbol sala.

Para as Escolas Deportivas as prazas están limitadas por actividade existindo un máximo e un mínimo por actividade e grupo.

Para inscribirse e pedir información no Pavillón A Montesiña no horario de 18,30 a 23,00 horas (Telf.986 700964)

Para que todo estea disposto para a data de inicio das escolas deportivas, esta semana próxima iniciarase na pista do  pavillón a obra de reparación das xuntas de dilatación (danadas pola cantidade de participantes de patinaxe) e o novo pintado da cancha de xogo. Así mesmo porase en marcha a reparación e novo pintado da pista de tenis.

O obxectivo destas obras é as de reparar e adecuar as instalacións deportivas municipais para que se poidan desenvolver as actividades dunha maneira optima

Estas dúas obras están financiadas pola vicepresidencia da Xunta cos fondos Feader

11 de setembro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.