publicidade hoxe

A Policía Local da Laracha intégrase nos protocolos de actuación do plan de acción do marisqueo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O xefe da Policía Local da Laracha asistiu á reunión do Grupo Local de Furtivismo 7 A Coruña celebrada na cidade herculina esta mañá. Nesa xuntanza tamén participaron representantes da Policía Autonómica, Garda Civil, Confrarías de Pescadores, Base Operativa de Gardacostas, Gardapescas e Policías Locais doutros municipios pertencentes a este grupo.

A loita contra o furtivismo incluída no marco do Plan de Acción do Marisqueo foi o motivo principal do encontro, no que tamén se repasaron os protocolos de actuación e se deron a coñecer os recentes cambios lexislativos contemplados no Código Penal sobre esta materia.

O Concello da Laracha púxose a disposición do Grupo Local de Furtivismo para cooperar co resto de colectivos e forzas de seguridade na causa. Con esa finalidade a Policía Local do noso municipio integrarase nos citados protocolos de actuación do Plan de Acción do Marisqueo.

22 de setembro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.