publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Cotobade colaboran na adecuación de infraestruturas deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou hoxe o convenio de cooperación co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela para a adecuación e rehabilitación dunha das súas infraestruturas municipais, nun acto que tivo lugar na casa consistorial cotobadesa. No acto tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Alfonso Rueda incidiu na importancia da colaboración cos concellos apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade sexa a creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais básicos, co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais. Polo que é necesario, por unha parte, mellorar as dotacións existentes de infraestruturas básicas e por outra levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

O concello de Cotobade levará a cabo o proxecto de adecuación e rehabilitación do peche do campo de fútbol municipal “As Extremas”, que conta cunha axuda, no marco da orde do 22 de decembro de 2014 de concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, de preto de 40.000 euros, que representa o 80 por cento do orzamento do proxecto, e que está financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Fondos Feader

A Xunta ten entre unha das súas prioridades mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais, mellorando as dotacións existentes de infraestruturas básicas e levando a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural. Polo que, dende o goberno galego apóianse aquelas actuacións cuxa finalidade sexa a creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais básicos, coma é o caso do concello de Soutomaior.

Así, o pasado mes de decembro foi presentada esta nova convocatoria de axudas para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015.

3 de agosto de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.