publicidade hoxe

O IEM abre o prazo de inscricións para participar da Xeira Marítima Baiona – Illas Cíes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

O Instituto de Estudos Miñoranos convoca á segunda  Xeira Marítima do verán.  Neta ocasión a proposta é partir dende o porto de Baiona, atravesar as Illas Estelas, bordear Monteferro e poñer proa cara ás Illas Cíes.  O arqueólogo Xosé Lois Vilar acompañará a navegación cunha abundante información desta zona xeográfica así como das diversas culturas que a habitan. A viaxe brinda a oportunidade de gozasdende a nave das fermosas vistas que ofrecen as costas de Vigo e o Val Miñor no lusco fusco.

A Ruta terá lugar o mércores 12 de agosto con saída no porto de Baiona ás 21 horas.  Para participar é necesario facer unha inscricións previa no teléfono 986360575 o díasluns 10 e martes 11 no horario de 9 a 13 e de 18 a 22 horas.De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

Prezos:

Socias e socios do IEM 10 euros

Menores de 12 anos 10 euros

Público en xeral 15 euros.

7 de agosto de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.