publicidade hoxe

Carmela Silva pretende promover os castelos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSoutomaior
A-
A+
Carmela Silva na visita ao castelo de Soutomaior

Carmela Silva na visita ao castelo de Soutomaior

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe, tras a súa visita ó castelo de Soutomaior, a necesidade de promover os castelos da provincia de Pontevedra. Silva, xunto ó deputado Carlos López Font, fixo hoxe un percorrido para coñecer as instalacións do castelo de Soutomaior, que depende da Deputación.

Carmela Silva sinalou que o castelo de Soutomaior e os seus xardíns teñen un valor histórico e paisaxístico moi importante “e coidamos que temos que facer unha análise seria para coñecer todas as potencialidades que teñen estas instalacións”. “Temos que mellorar -continuou Silva- porque coidamos que non hai unha política de promoción e comunicación deste castelo moi adecuada, porque non só ten valor por si mesmo senón unido ó resto dos castelos da provincia para a súa promoción en conxunto”.

A presidenta considerou tamén a posibilidade de facer unha musealización dos castelos para convertelos nunha referencia turística e histórica na provincia.

Esta visita englóbase na xira que fai a presidenta para coñecer todos os centros e todo o persoal da Deputación de Pontevedra.

5 de agosto de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.