publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vigo exporá un dos dez microscopios máis importantes da microbioloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O alcalde comprometéuse este mércores a buscar unha localización apta para expor ao público o microscopio de Antony van Leeuwenhoek -considerado o pai da microbioloxía e a parasitoloxía actual-, de 300 anos de antigüidade e propiedade do doutor Tomás Camacho, vigués posuidor dunha relevante colección de microscopios. Ata agora, oito destes instrumentos están en museos públicos e so un en mans privadas, vendido en poxa pública por case medio millón de dólares.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse a buscar un espazo apto onde expor ao público, “de forma permanente ou esporádica”, o microscopio de Antony van Leeuwenhoek, considerado o pai da microbioloxía e da parasitoloxía actual, que vén de ser adquirido recentemente polo doutor Tomás Camacho, socio de Vithas Lab Lema&Bandín, e posuidor dunha das coleccións máis importantes de microscopios desde o século XVII ao XIX, con máis de 200 pezas orixinais.

Unicamente consérvanse no mundo dez destes seculares instrumentos, estando oito en museos públicos e un en mans dun coleccionista privado, que pago en poxa pública en Christie’s case medio millón de dólares. O décimo, hoxe propiedade do doutor vigués, apareceu na cidade natal de van Leeuwenhoek, a holandesa Delft, onde estivo soterrada 300 anos.

Abel Caballero recibíu este mércores a Tomás Camacho e a Brian Ford, profesor da Universidade de Cardiff e máxima autoridade mundial nos microscopios do investigador holandés, autor dun dos libros máis recoñecidos sobre van Leeuwenhoek. Ford tamén foi o encargado de dirixir o estudo que, durante catro meses, concluíu na autentificación do novo instrumento adquirido por Camacho.

15 de xullo de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.