publicidade hoxe

Rescatan da auga en estado inconsciente a unha persoa en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia atenden en Moaña (Pontevedra) a unha persoa rescatada da auga en estado inconsciente, segundo informa o 112, que mobilizou até o lugar ao equipo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Sucedeu minutos antes das 19,00 horas na praia de Mosqueira. A Policía Local, segundo o 112, pediu axuda ao centro de atención ás emerxencias, que pasou aviso a Urxencias Médicas. Tamén foron mobilizados membros de Protección Civil da localidade e todos os medios continuaban traballando na zona pasadas as 19,00 horas.

22 de xullo de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.