publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arcade renova o Skate Park

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Skate Park de Arcade

Skate Park de Arcade

Os  amantes do monopatín e BTT contan desde esta semana con novos elementos no skatepark do Peirao de Arcade. O recinto estreou un equipamento formado por catro novos módulos e o seu deseño e instalación foron acordados con mozos afeccionados a este deporte. Esta mellora levouse a cabo conxuntamente coa ampliación do parque infantil de Tallo Río e ambas se financiaron con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación responde o compromiso adquirido persoalmente polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, co colectivo de mozos do municipio que practican este deporte. A mellora inclúe a reorganización dos elementos existentes na actualidade e a instalación do catro novos elementos. 

24 de xullo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.