publicidade hoxe

Ponte Caldelas dá as instruccións para resolver de urxencia os problemas no alumeado público na Esfarrapada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, deu á primeira hora de hoxe as instrucións oportunas aos encargados do servizo de alumeado público para que fora restablecido canto antes na zona da Esfarrapada xa que, tal e como lle indicaron os veciños, deixara de funcionar por unha avaría.

Feitas as comprobacións oportunas, os responsables do servizo de alumeado informaron ao alcalde que o fallo se debía a que ardera un transformador na zona que provocaba que o servizo de alumeado público non funcionara.

O alcalde Andrés Díaz comunicoulle persoalmente aos veciños que a avaría fora localizada e que será resolta o máis rapidamente posible, probablemente ao longo do día de hoxe, tal e como se comprometeron  os responsables do servizo. 

Andrés Díaz manifestou que a intención do Concello é atender de forma inmediata calquera incidencia que se poida producir no tocante aos servizos que presta o municipio e para elo axilizará ao máximo e acurtará todo o posible os tempos de intervención para que isto sexa posible. 

Asemade, Andrés Díaz, lembrou o compromiso de ter abertas as portas do Concello a tódolos veciños e que xa hai persoal directamente asignado a axilizar ao máximo calquera petición persoal neste sentido que faga calquera veciño, independentemente de onde resida, no centro da vila ou no rural.

23 de xuño de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.