publicidade hoxe

O Kaiak Tudense foi o equipo que máis medallas logrou no Campionato Galego de barcos de equipo en Verducido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Kaiak Tudense foi o equipo que máis medallas logrou no Campionato Galego de barcos de equipo que se disputou en Verdecido (Pontevedra). Conquistou trece na modalidade sénior, oito delas de ouro. O Breogán do Grove sumou cinco, unha de ouro. O Poio Conservas Pescamar levou catro medallas, entre elas dúas de ouro. O mellor conxunto xuvenil tamén foi o Kaiak Tudense, con seis medallas, tres delas como gañadores nas súas modalidades. A Ría de Aldán sumou catro e a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra conquistaron catro.

En K-4 1.000 metros, Gabriel Hernández, Víctor Rodríguez, Roi Rodríguez e Aarón Diéguez, do Kaiak Tudense, foron os gañadores. Tiveron como principais adversarios ao Club Piragüismo Villaboa que logrou colocar a dous barcos entre os tres primeiros. Antonio Palmás, Brais Sánchez, José Antonio Conde e Ricardo Lixeiro formaban parte dunha. A outra estaba composta por Diego Castro, Breixo Luján Mauro Pazos e David Loeda.

En C-4 1.000 impúxose a embarcación do Kaiak Tudense composta por David Costa, Daniel Costa, Ramón Ferro e Óscar Graña, aínda que tiveron moi preto a Daniel Durán, Adrián Sieiro, Jacobo Lores e David Novas, do Poio Conservas Pescamar. Entre estes dous barcos houbo unha diferenza inferior a un segundo. Alejandro Fraga, David Mosquera, Xosé Vales e Adrián Edreira, da Ría de Betanzos, foron terceiros.

O Kaiak Tudense tivo un destacado protagonismo en K-2 1.000 metros. Ocupou as tres primeiras posicións. Gabriel Campo e Rubén Millán chegaron primeiros á meta, seguidos por Víctor Rodríguez e Roi Rodríguez. A terceira posición ocupárona Gabriel Hernández e Aarón Diéguez. Na especialidade de canoa, Diego Romero e Tono Campos, do Breogán do Grove, impuxeron a súa fortaleza. Superaron a José Luís Bouza e Brais Casás, do Kaiak Tudense, que foron segundos, e a José Manuel Sánchez e Alejandro Fraga, que terminaron terceiros.

Precisamente, José Luís Bouza e Brais Casás, do Kaiak Tudense, tiveron que empregarse a fondo para imporse na distancia de 200 metros a Diego Romero e Tono Campos, do Breogán do Grove. Separáronlles corenta centésimas de segundo. Terceiros foron Sergio Vallejo e Daniel Durán, do Poio Conservas Pescamar.

En K-4 500 metros, a embarcación do Kaiak Tudense conquistou a primeira posición con Andrea Fátima Porteiro, Valeria Romero, Carla Cerqueira e Aurora Santomé. Moi preto quedaron Araceli Menduiña, Carmela Menduiña, Jessica Moledo e Noelia Moledo, da Ría de Aldán. Ruth Otero, Sara Bravo, Tania Álvarez e Antía Rodríguez, do Breogán do Grove, foron terceiras.

Na final feminina do K-2 500 metros, Carla Pérez Coya e Andrea Fátima Porteiro, do Kaiak Tudense, impuxéronse por escasa marxe a Tania Álvarez e Natalia García, do Breogán do Grove, mentres Araceli Menduiña e Carmela Menduiña, da Ría de Aldán, foron terceiras. Entre as tres embarcacións houbo unha diferenza inferior a dous segundos. Nerea Gondar e Susana Casal, do Poio Conservas Pescamar, foron as triunfadoras en C-2 500 metros, o mesmo que na distancia de 200 metros.

David Vilariño e Carlos Arévalo, da Ría de Betanzos, foron os gañadores en K-2 200 metros. Nunha apertada chegada superaron a Gabriel Campo e Rubén Millán, e a Víctor Rodríguez e Roi Rodríguez, ambos os do Kaiak Tudense.

En K-2 200 metros, a embarcación do Kaiak Tudense impúxose á do Breogán do Grove, tamén por escasa marxe da liña de meta. Carla Sieiro e Noelia Martínez, do Club Naval de Pontevedra, ocuparon a terceira posición.

No Campionato Galego de barcos de equipo tamén se disputaron as categorías de xuvenís. Carlos Pérez Rial logrou dúas medallas de ouro nas modalidades de K-4 1000 e 200 metros co seu club a Ría de Aldán.

22 de xuño de 2015 | 20:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.