publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Cervo entrega os premios aos gañadores do V Concurso Cervo Respecta no Día do Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo celebrou hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente coa entrega de premios aos gañadores do V Concurso fotográfico Cervo Respecta. Un certame ao que este ano se presentaron 54 imaxes relacionadas co entorno natural.

Un xurado especializado na materia valorou as fotografías e as puntuacións tiveron como resultado a seguinte clasificación: “Un mar de fumes” de Consuelo Fra Frernández (veciña de Lieiro) foi a gañadora do primeiro premio adultos cunha imaxe que amosa a factoría Alcoa e o tráfico portuario dende Morás; o segundo premio foi para “Ouro líquido” de Pedro A. Vicente Canoura (Xove) cunha foto dun neno bebendo auga dunha fonte do municipio xovense. En canto ao Top Cervo adultos foi para “Presa nocturna” de Juan Antonio Fernández Vázquez (Xove), sendo unha instantánea tomada en Sargadelos.

En canto á categoría xuvenil, a foto gañadora foi a da burelá Daria Bakteeva titulada “Solpor”, unha vista da praia da Areoura en Foz; o segundo premio foi para a veciña de San Ciprián Icía Morandeira Rey con “Raposos descansando”, sacada en Xove. O Top Cervo xuvenil foi para Daria Bakteeva cuha imaxe da praia de Rueta titulada “Tendendo pontes”. 

O alcalde de Cervo en funcións, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente en funcións, Begoña Alonso fixeron entrega dos premios aos gañadores nun acto celebrado esta tarde no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo, anexo á Casa do Concello. 

Alonso quixo agradecer a súa participación a todas as persoas que presentaron fotografías destacando “el nivel excepcional de los trabajos, tanto en calidad como en originalidad”, unhas imaxes que dan mostra “de la belleza paisajística y natural de nuestra comunidad” xa que tiñan que estar sacadas en calquera punto de Galicia. Resalta tamén o premio Top Cervo, co que se premian as mellores fotografías tomadas no municipio como forma de exaltar a natureza local.

A edil destacou tamén a importancia de entregar os premios nunha xornada como a de hoxe, “en la que se celebra el Día Mundial del Medio Ambiente, de forma que queremos hacer nuestra aportación para llamar la atención sobre la importancia de mantener nuestro entorno limpio y cuidado”.    

5 de xuño de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.