publicidade hoxe

O alcalde de Soutomaior recibe ao Club de Patinaxe Artística da localidade tras converterse en campioas galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Recepción ao equipo de patinadoras

Recepción ao equipo de patinadoras

O Alcalde do Concello de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu en dependencias municipais a unha representación das integrantes do Club de Patinaxe Artística de Soutomaior que hai uns días lograron  proclamarse campioas galegas de grupos de 2ª categoría.

Acompañábanlles directivos do club e a súa adestradora Ruth Cameselle.

Por parte do Concello entregóuselles un recordo da súa visita e o Alcalde animoulles a seguir traballando para que así o deporte de Soutomaior teña eco en distintas modalidades deportivas.

As patinadoras convidaron ao Alcalde ao festival de Patinaxe que se celebrou o pasado sábado  e que contou cun total de 12 espectáculos de patinaxe artística entre os que destacan as actuacións individuais de novas promesas locais.

 En canto ás actuacións de grupo, ademais da participación do catro grupos das Escolas Deportivas Municipais, os membros das tres seccións do Club de Patinaxe Artístico de Soutomaior presentaron ante o público local a actuación “Anxos caídos”, coreografía coa que se impuxeron no pasado campionato galego.

16 de xuño de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.