Entrega de premios do certame de poesía en Cee
Hoxe ás 19:00h no salón de Plenos do Concello de Cee foron entregados os premios de poesía do VIII Certame de poesía: Mulleres do noso tempo” pola concelleira de Igualdade Mabel Fernández Durán.
Os premios son vales para gastar en material escolar o libros nas librerías de Cee.
As nenas premiadas son:
PREMIO CATEGORÍA A (8-9 anos de idade): 60€ “A muller”. Autora Ainhoa Trillo Atán
PREMIO CATEGORÍA B (10-12 anos de idade): 70€ “Loitar pola igualdade”. Autora Maite Lagoa Paz
PREMIO CATEGORÍA D ( 16-17 anos de idade): 90€ “Alegato”. Autora Elena Valle García