publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Constitución do novo goberno de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O novo Goberno local de Curtis tomará posesión mañá, sábado, 13, ás 12.00 horas, nunha sesión no salón de plenos da casa consitorial na que tamén se elixirá a Javier Caínzos como alcalde. Desde o Concello convídase e anímase a todos os veciños que o desexen a acudir á constitución do novo Goberno local.

O Goberno incorporará dúas novas caras respecto da anterior lexislatura, concretamente dúas mulleres que, ademais, ocuparán dúas tenencias da alcaldía. As novas concelleiras son Eva Latexe, segunda tenente alcalde, que se encargará das áreas de Benestar Social, Cultura, Educación e Deportes, e Esther Lago, terceira tenente alcalde, que será a responsable de Igualdade, Xuventude e Voluntariado.

Na nova organización, Javier Caínzos asumirá máis competencias directas que na última lexislatura ao incorporar a Facenda e Réxime Interior, Urbanismo, Comunicación e Transparencia, esta última área de nova creación. Emprego pasará a enmarcarse na área de Promoción Económica e Industrial, que será responsabilidade de Antonio Fraga, que mantén a segunda tenencia da alcaldía e que levará ademais as áreas de Medio Ambiente e portavocía do Goberno. 

O resto do organigrama municipal completarase coas áreas de Servizos, co edil José Barral á fronte; Medio Rural, que asumirá Alfonso Gómez, e Emilio Souto, que repetirá como concelleiro de Obras e Emerxencias. 

A nova Corporación quedará constituída con 10 concelleiras, sete do equipo de Goberno e tres da oposición.

12 de xuño de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.