publicidade hoxe

Unanimidade en Touro para defender ao sector lácteo galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Touro fai unha aposta decidida pola defensa do sector lácteo. Así o fixeron ver o alcalde da localidade, Ignacio Codesido, do Partido Popular, e os portavoces do BNG, José María Vilas, e do PSdeG-PSOE, Genma López. As tres forzas representadas na Corporación Municipal de Touro, que se reuniron nos últimos días para abordar este asunto, reivindican medidas efectivas para loitar contra os baixos prezos do leite en orixe. O Concello de Touro é eminentemente rural e unha boa parte da súa poboación adícase como medio de vida ao sector leiteiro. A Corporación do Concello de Touro esixe reforzar o poder negociador do productores a través dun sistema de arbitraxe o mediación para os contratos lácteos, garantir a recollida en todas as granxas de leite, establecer medidas para permitir que as explotacións poidan reducir os seus custos de producción e mellorar a súa renda e unificar criterios para perseguir a venta a perdas que practica a distribución utilizando o leite como producto reclamo.

18 de maio de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.