publicidade hoxe

O PP insta a Besteiro a forzar á renuncia do candidato de Caldas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, advertiu este martes ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que en vista das súas declaracións sobre o código ético, “só lle quedan dúas opcións: ou fai dimitir ao candidato socialista ou terá que dimitir el”.

Manifestouno despois de que a xuíza que instrúe a causa sobre o alcalde de Caldas de Reis (Pontevedra) e candidato á reelección, o socialista Juan Manuel Rey, volveu a ditar un auto polo que decreta a apertura de xuízo contra el.

Así o confirmou o propio rexedor, quen explicou que a maxistrada aceptou o recurso presentado pola súa defensa para pedir a nulidade das actuacións polas que se decretou a apertura de xuízo o pasado 30 de marzo, pero ditou un novo auto de procesamento.

Nun comunicado, Tellado sinalou que o PSOE “urdiu un plan atendendo a intereses electorais” para “pospor ter que tomar unha decisión no Concello de Caldas e así permitir que Rey se puidese presentar á reelección”.

Segundo o portavoz do PPdeG, para o líder do PSdeG “só importan os votos” e basea “todas as súas actuacións en clave electoral” no canto de facelo “en base a un comportamento ético”.

“ESTÁ EN XOGO A SÚA AUTORIDADE INTERNA”

Fronte a iso, os populares instaron a Besteiro a que salga “da súa constante ambigüidade” e pronuncie a súa opinión sobre o sucedido con este candidato ao entender que “está en xogo non só a súa palabra senón tamén a súa autoridade interna”.

Para o portavoz do PPdeG, o líder do PSdeG cometeu “o erro de sacrificar a súa coherencia e a súa palabra” co “único obxectivo de obter máis votos que o achegasen á Deputación”, pero, tendo en conta que non o vai a conseguir”, queda “ante todos” como “un dirixente sen palabra a cambio de nada”.

Tellado tamén lamentou que os socialistas “fagan a vista gorda” ante procedementos penais “abertos a cargos públicos” e instou a Besteiro a aclarar se permitirá que Rey “leve consigo o carné do PSOE cando sente a declarar no banco dos acusados”.

12 de maio de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.