publicidade hoxe

O EDC Verín de Atletismo dominou na Carreira Popular de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Ribadavia e o Club Deportivo Aurum organizaron unha nova edición da Carreira Popular de Ribadavia-Feira do Viño, na que deportistas do EDC Verín Atletismo acadaron os primeiros postos das diferentes categorías nas que participaron, como no caso de Gisela Dapía, María Vega, Andrés García, Nadia Gago e Noel Vázquez que conseguiron a vitoria nas súas respectivas probas.

Os/As atletas verinense, que ofreceron a mellor versión de si mesmos, acabaron dominando o medalleiro das probas escolares. Os postos acadados foron:

1. Benxamín (1 quilómetro):
– Raúl Vega > 2º masculino.
– Tristán Alonso > 4º masculino.

2. Alevín (1 quilómetro):
– Gisela Dapía > 1ª feminina.
– Sofía Rodríguez > 2ª feminina.
– Erea López > 4ª feminina.
– Brais Rivero > 2º masculino.
– Xoel Gago > 3º masculino.
– Denis Limia > 5º masculino.

3. Infantil (4 quilómetros):
– María Vega > 1ª feminina.
– Sofía Morillo> 2ª feminina.
– Andrés García > 1º masculino.

4. Cadete (4 quilómetros):
– Nadia Gago > 1ª feminina.
– Alicia Da Gloria > 2ª feminina.
– Jasmín Fernández > 3ª feminina.
– Noel Vázquez > 1º masculino.
– Guillermo Feijoo > 2º masculino.

6 de maio de 2015 | 15:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.