publicidade hoxe

O Concello de Monforte pretende recuperar os tradicionais lumes artificais do río para as Festas Patronais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte trasladou aos organismos competentes a solicitude de autorización para a recuperación dos lumes artificiais do río durante a celebración das Festas Patronais da localidade o vindeiro 16 de agosto.

A ubicación proposta polo Concello sería a coñecida como illa da Pinguela, onde se ubican as dúas pasarelas novas que comunican Carude con Cobas, que é o espazo máis próximo ao casco urbano cunha distancia de seguridade suficiente das casas, segundo a opinión dos técnicos especialistas.

O obxectivo do goberno local é que, unha vez obtida a autorización, a tradicional iluminación pirotécnica volva encher de luz e cor o ceo monfortino, aproveitando que o día 13 de xuño quedará entregada a segunda fase da obra do Paseo do Río Cabe, que inclúe esta illa. 

Obra estratéxica

Esta fase vai dende o Parque dos Condes ata Piñeira, e contou cun orzamento de 3,5 millóns de euros. A súa realización foi posible grazas á capacidade de xestión e diálogo do goberno local con outras administracións, que fixeron importantes aportacións económicas para a realización desta obra estratéxica para a cidade. 

Esta segunda parte remata case por completo, á falta dunha terceira fase de finalización que xa está proxectada, o Paseo do río por toda a cidade de Monforte.

22 de maio de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.