publicidade hoxe

O Concello de Frades homenaxea aos edís que deixan a corporación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Entrega de agasallos na homenaxe aos concelleiros

Entrega de agasallos na homenaxe aos concelleiros

O Concello de Frades celebrou onte xoves a súa derradeira sesión plenaria da lexislatura para aprobar a acta da sesión anterior. Unha vez cumprido o trámite, o Concello aproveitou para render homenaxe aos concelleiros que deixan a corporación, ao non presentarse ás eleccións do 24 de maio: Miguel Prado Patiño (deputado autonómico e alcalde de Frades durante 25 anos), Antonio Iglesias Botana e Agustín Rey Vázquez, polo Partido Popular; Xesús Miguel Iglesias Vilariño, polo PSOE; e Manuel Míguez Villaverde, polo BNG. Todos levaron unha reproducción do inmoble da casa do concello de Frades.

 

8 de maio de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.