publicidade hoxe

Mercados de Monforte converterase nun espazo de encontro para os amantes da lectura e as flores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Co gallo do 17 de maio, o recinto da praza de abastos dedicado aos mercados temáticos, acollerá distintas actividades culturais pensando nos amantes da lectua e cultura galega, ademais da venda de libros novos e de segunda man e flores e plantas.

Intercambio de libros entre particulares : Asemade no recinto porase en marcha unha novidosa iniciativa do Concello de Monforte e o colectivo Lemos Le, no que os particulares que o desexen poderán intercambiar ata un máximo de 3 libros.

Durante esta semana 11 bibliotecas de Ribeira Sacra recolleron libros de particulares interesados na inicitiva, aos que se entregaron vales que poderán canxear por outros libros na praza de abastos os días 16 e 17 de maio.

Sábado 16 de maio as 13:00h PRESENTACIÓN DO LIBRO “AMADEO GOYANES E AS ZANFONEIRAS DE MONFORTE” e da colección A CHAVE MESTRA

A presentación contará coa presencia do editor Ramon Pinheiro, e o zanfonista Airel Ninas.

Para conmemorar o centenario do nacemento do ilustre monfortino, aCentral Folque publica o primeiro libro escrito sobre a súa figura que contén un CD con gravacións inéditas del á zanfona. O libro está editado grazas ao apoio do Concello de Monforte e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

En Maio de 2015. Chega ás librarías e tendas de discos a colección CHAVE MESTRA. Unha colección rigorosa e preciosista, promovida por aCentral Folque, centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bo facer e axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violonistas, narradores, acordeonistas… Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición e analise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.

Sendo fieis á traxectoria de aCentral Folque de promover que os estudos e publicacións que realizamos teñan unha dimensión escénica que permita desde unha óptica actual compartir e reelaborar os saberes artísticos que nos foran legados achegamos unha proposta especial de presentación-espectáculo de CHAVE MESTRA para os Mercados de Monforte.

14 de maio de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.