publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cousas do surrealismo no IES Aquis Querquernis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Como todos os anos os alumnos do IES Aquis Querquernis preséntannos unha exposición cos seus mellores traballos realizados durante o curso escolar así como outros realizados especificamente para o proxecto expositivo que conclúe o fin de curso na materia de Educación Plástica e Visual impartida pola profesora Ana Delia Rodríguez Dorrego.

Este ano leva por título “Cousas do Surrealismo”, unha exposición que humildemente trata de imitar a inaugurada o pasado 29 de febreiro de 2008 no Museo Guggenheim de Bilbao. Unha exposición organizada pola prestixioso Vitoria & Albert Museum e coproducida polo museo bilbaíno na cal se explorou a influencia do surrealismo no mundo do deseño, teatro, moda, cine …

Os alumnos de 3º e 4º de ESO do IES banduense mergullaranse no ismo máis irreverente, irracional e onírico para dar forma ás súas pequenas obras de arte estudando as principais características do movemento así como algúns dos artistas máis representativos.

Na mostra exhibiranse obras pertencentes a varias disciplinas artísticas: debuxo, pintura, instalacións, fotografía, moda, performances, etc. que o público poderá observar a partir do 12 de xuño ás 19:30 horas no Concello de Bande.

14 de maio de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.